“Unha vez mais Xinzo Adiante (XA), se equivoca

339
“Unha vez mais Xinzo Adiante (XA), se equivoca

Non solo no fondo, si non tamén na forma

Di que é un grupo independente , e resulta que está presentando propostas a través de Marea e Podemos. Calquera deste concello que lle mande propostas a EnMarea ou Podemos, nin a Sra.. Lama, nin eu nin O Sr. Ramiro as van a presentar, polo tanto temos que concluír que de grupo independente nada. Todo isto con respecto a forma, pero isto é o menos importante.

Con respeto ao fondo, teñen que saber que a comisión de seguimento está reuníndose preto de fai un ano, e que esta debe ser a quinta ou sexta reunión.

VOTACIÓN EN CONTRA DE PODEMOS NO CONGRESO

O que si é certo e que podemos votou en contra no Parlamento Nacional para a habilitación de crédito para o regadío da Limia. Iso si e unha realidade, constatado nas actas do Parlamento Nacional.

Onde se equivocou outra vez Xinzo Adiante é onde fala da modificación da partida orzamentaria de 1,5 millóns de euros. Esta partida, así está na normativa, non se pode executar ata que estén informadas as alegacións, e precisamente para iso se fixo a reunión última. A partir da contestación a esas alegacións, xa se poderán executar eses cartos.

Come xa comunicamos a semana pasada que houbera tres alegacións, dúas delas en positivo, e a da SGHN, por problemas cunha especie autóctona, que ao parecer pode ser afectada. Repito en canto se contesten a esas alegacións, xa se poderá seguir co proxecto. Mentres, todo o mundo sabe que en prazo de alegacións, ninguén pode executar un proxecto.

O resto, xa contestou o noso parlamentario.