O viacrucis levou ós feligreses ata o monte de Baronzás

crucifixión
O viacrucis levou ós feligreses ata o monte de Baronzás

Máis de douscentos feligreses seguiron as 15 estacións nun viacrucis que cumpría este ano a edición 24

Cáseque dúas ducias de figurantes , apóstolos, Lucía(Virxe María), a Jose( Pilatos) e Alberto ( Xesús), foron escenificando as 15 estacións do viacrucis, dende a ladeira do monte de Baronzás, ata o lugar da crucifixión, no propio cumio do monte.

A tarde noite era propicia para que todo o mundo , figurantes e feligreses gozaran do espectáculo perante o percorrido de case dous quilómetros de subida.