Non hai que desprazarse máis lonxe que ata a Casa da Cultura de Xinzo, esta tarde a partir das 19 horas
REDACCIÓN
Twitter: @Dendelimia
A Asociación Cultural de emigrantes retornados e inmigrantes de Iberoamérica Ignacia Gómez Paz organiza esta tarde á partir das 19 horas unha Xornada Gastronómica Intercultural.
Os que se acheguen ata a Casa da Cultura de Xinzo de Limia terán a oportunidade de probar distintos pratos típicos dos países de Hispanoamérica. Ademais, poderán desfrutar tamén de dúas maravillosas exposicións, unha de artesanía arxentina e outra na que se mostrarán os traballos realizados pola asociación. Como broche final á velada, que se celebra neste tempo de Entroido, sortearanse tres disfraces confeccionados tamén pola propia asociación. Anímense que ademais a entrada é gratuita.