O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía estivo esta tarde en Xinzo

Asistentes a xornada
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía estivo esta tarde en Xinzo
Acompañarono na xornada de Networking Galicia Empresa, a alcaldesa e a maioría dos concelleiros, actuando como anfitrión José M. Gómez, presidente da Asociación de empresarios do Polígono Industrial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde nunha xornada denominada networking Galicia Empresa organizado pola Asociación de empresarios do polígono de Xinzo de Limia. O acto tivo lugar nos locias dunha empresa do Polígo, no que o seu presidente aproveitou a ocasión para reivindicar da Xunta o apurar as obras de ampliación do polígono e do Concello e da Xunta a construción do Centro de Empresas, para que estas reunións e demais actividades que se organicen polos empresarios teña un sitio digno para realizalas.

20230419_195152
Conselleiro e alcaldesa

Elvira Lama, alcaldesa que estaba acompañada polos membros do seu goberno e polo portavoz de PP e polo diputado autonómico da Limia tamén aproveitou a visita do conselleiro para solicitar tamén a axilización das obras de ampliación do polígono.

Durante a súa intervención no Networking Galicia Empresa, organizado pola Asociación de empresarios do polígono de Xinzo de Limia, Conde salientou que a Xunta de Galicia está a orientar todo este esforzo cara a tres eidos: a axilidade administrativa a través da Lei de simplificación, o acceso a solo industrial e o impulso da innovación e a sustentabilidade no tecido empresarial galego.

19042023 Conde Xinzo 3
Momento do comezo das intervencións

Nesta liña, o vicepresidente económico informou das axudas que a Xunta de Galicia ten neste momento á disposición das empresas para fomentar a eficiencia enerxética. Entre elas, destacou o Bono Enerxía Peme, que este ano conta cun orzamento de 4,2M€ para a mellora de instalacións e equipamentos máis eficientes. Tamén está aberta ata o 15 de xuño a liña de apoios para a constitución de comunidades enerxéticas locais, que permite reducir os custos da factura eléctrica e dispón dun orzamento de 600.000 euros.