Visita da Conselleira a Xinzo para anunciar o proceso de ampliación do polígono

a foto una
Visita da Conselleira a Xinzo para anunciar o proceso de ampliación do polígono

As obras de urbanización iniciarnase no 2019, cunha inversión de 3,3 millóns de euros

O alcalde e membros da corporación municipal de Xinzo, así como empresarios do polígono industrial recibiron a entrada do mesmo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Váquez.

A Conselleira veu anunciar o proceso de ampliación do Polígono Empresarial de Xinzo que se denominará Polígono 2.

120.000 metros cuadrados máis e 3,3 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio da expropiación, que estará a disposición pública durante un mes. Indicou que con esta ampliación disporanse de case 120.000 m2, dos que máis dun 70% -case 86.000 m2-, serán a superficie bruta destinados ás 23 novas parcelas de uso industrial e comercial.

Ángeles Vázquez indicou que o Goberno galego ten un obxectivo claro: acometer a ampliación deste polígono empresarial; polo que -unha vez que se adquiran os terreos- se redactará o proxecto de urbanización e a contratación das obras. Así, a previsión do Instituto Galego de Vivenda e Solo é iniciar os traballos de urbanización dos terreos no vindeiro ano. Esta actuación implica un investimento de máis de 3,3 millóns de euros.

a fotos ofo

Salientou a necesidade desta actuación, dado que na actualidade Xinzo de Limia non dispón de solo empresarial, xa que está “totalmente adxudicado” en boa medida grazas aos incentivos postos en marcha pola Xunta de Galicia. Aclarou que un total de 40 empresas radican neste parque empresarial, situado nas proximidades da autovía A-52, unha zona estratéxica e atractiva para as empresas.