miércoles 22/9/21

Visita da cooperativa agraria Coopbarroso ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo

A visita foi para comprobar o estado da pataca de semente

Técnicos do Centro acompañando aos visitantes nas fincas de ensaio

Unha delegación da cooperativa agraria Coopbarroso, da Cámara Municipal de Montalegre, que estaba encabezada polo seu presidente Manuel Nuno Pereira de Sousa, visitaron o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde co obxetivo de comprobar en campo os avances realizados no eido da cooperación transfronteiriza relativos á pataca de semente.

Servando Álvarez coa delegación da cooperativa agraria Coopbarroso no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do InordeNo pasado mes de marzo, o Inorde, a Cámara Municipal de Montalegre e a cooperativa Coopabarroso comprometéronse a colaborar na produción, mellora e comportamento da pataca de semente producida en terras Barrosás. Para isto unha partida de Agria de semente certificada en Portugal foi sementada tanto nos campos que o Inorde mantén na finca Antela como por agricultores colaboradores do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro.

Por elo, os representantes de Coopbarroso e os técnicos do Inorde desprazáronse ata estas terras para analizar a adaptación do cultivo, as sinerxías e as posibilidades de desenvolvemento transfronteirizo que amosa o cultivo e o comercio de pataca de semente na zona transfronteiriza da Limia.

Ámbalas dúas partes quedaron emprazadas en colleita para testar in situ os resultados produtivos da experiencia, e, se cabe, facela extensible en anos sucesivos a maior número de agricultores interesados.