Visita do alcalde ao Dtor. Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas

IMG_6554
Visita do alcalde ao Dtor. Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas

A Xunta investirá un total de 1.704.364 € en dúas fases en varias obras, entre elas a Avd/Celanova

Parece ser que agora vai a vencida.

O alcalde López Casas desprazouse ata Santiago para ter unha reunión co D.Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas , onde se lle mostrou o convenio para a realización das ansiadas obras na estrada de Celanova e as pistas do Zepetal Sitibal e Bouzo.

O convenio que lle foi entregado pola Xunta haberá que míralo por si hai algún erro, pero abrangue dúas fases.

A primeira fase cunha inversión de 736.756 quedando para a segunda 967.607 € comprenderá o acondicionamento da estrada de Celanova, deixando todos as árbores, así como a rotonda coa 525 e a pista Zepetal.

Os proxectos xa están redactados e espera que se poidan sacar a concurso por parte do concello nun prazo de tres meses e que se fagan en 5 meses. Por temas de ancho de vía a circulación para camións na avd de Celanova será dun so sentido, pero solo para camións.

A segunda fase de será para arranxo da pista Sitibal e a pista do Bouzo

Para todas estas inversión a Consellería achega os proxectos e a finaciaciación, pero será o propio concello que saque a concurso a execución.

A pista Cepetal quedará con un firme de rodadura de 6 m. ademais de beirarrúas. Nas dúas bandas.