VITORIA CON SABOR AMARGO DO PP

2015
VITORIA CON SABOR AMARGO DO PP

Vitoria con rabia do PSOE, vitoria sen paliativos de XA e derrota sen paliativos do BNG

Desta maneira poderíamos cualificar a noite post-reconto das distintas formacións políticas que concorreron en Xinzo.

Vivíronse momentos de tensión, aínda sen datos definitivos, cando a candidatura do PSOE, xunto cos seus simpatizantes e seguidores celebraban o que parecía a perda da maioría do grupo do PP.

SOLO 23 VOTOS

Por tan solo 23 votos de diferenza o PSOE non conseguiu outro concelleiro, a conta do PP, neste caso, co cal o Partido Popular co actual alcalde a cabeza perdería a maioría absoluta, sen posibilidade ninguna de goberno.

Elvira Lama, non poido facer declaración nesta tarde por atoparse reunida cos seus asesores, supoñemos que analizando o ocurrido no día de onte, e tomando boa conta para dentro de catro anos. Tamén poidemos saber por comentarios das redes sociais, que familiares achegados alegrábanse dos resultados, posto que desta maneira teran mais tempo para desfrutar da súa compaña.

Manuel Pérez Campos, na tarde de hoxe luns, quere agradecer o pobo de Xinzo todo o apoio que lle deu, nada menos que 1.081 votos, partindo de cero. Manifestaba ao representante de XA que farán unha oposición construtiva, para dentro de 4 anos celebrar que en Xinzo goberne un home ou alcalde ou alcaldesa veciñal.

Antonio Pérez, como dixemos anteriormente tiña unha sensación agridoce. Doce pola vitoria con maioría absoluta, pero agrea, por non ter acadado os obsesivos marcados por el mesmo que era obter máis concelleiros que fai 4 anos.

Tampouco tivemos posibilidade de contactar con Ramiro Rodríguez, representante do BNG o gran perdedor da xornada, non solo en Xinzo, se non a nivel provincial e galego.