Volven os premios a disfraces, comparsas e carrozas

IMG_20181217_123948
Volven os premios a disfraces, comparsas e carrozas

A comisión presentou o Entroido 2019 con moitas novidades

Coa presenza do alcalde Manuel Cabas e dos concelleiros Carlos Gómez e Ricardo Sieiro, a comisión organizadora do Entroido 2019 conformada por os portavoces das distintas subcomisións do ano pasado, deron a coñecer case o programa completo, a falta de flecos de contratacións, con moitas novidades.

MOITA MÚSICA

15 serán as charangas que se contrataron para o ano 19 que actuarán ao longo de todos os días que dure o Entroido. Contan , como xa é tradición coas charangas locais, "Charanga XL" e a "Charanga Achicoria" e con outras galegas como son "Bongo Band", a "Charanga BCB" ou a "Charanga La Nota". Asi mesmo, volverase a contar coa "Agrupación Musical da Limia" e con "Xituma Batuke".

Tamén as orquestas estarán no Entroido.O domingo e o luns actuarán Compostela e Pontevedra, e ó domingo de Piñata "La Oca Band".

IMG_7642Vólvese a repetir o concerto estático do Venres de Entroido, este ano con "Alpargata", grupo nado no 2005 con repertorio de estilos que van dende a rumba, pasando polo afrobeat, o ska ou a cumbia e o Sábado outro concerto estático cos "Festicultores", de sobra coñecidos nas terras limiás.

No colgamento do Meco estarán "Radio Cos", grupo que fixo evolucionar a música galega de forma natural co seu impecable traballo e, como concerto de fin de festa, repetirán os de "Pelepau"

No eido tradicional volverase representar o colgamento do Meco como xa é tradición no Sábado do Oleiro coa comitiva tradicional que sairá no solpor dende a Praza de Oriente e acabará o seu percorrido na Praza Maior onde se desenrolarán, non un, se non dous concertos musicais. En primeiro lugar acompañarannos e o seu novo traballo, que será presentado no Entroido de Xinzo de Limia, ademais dalgunha sorpresa máis que lles entusiasmará os Entroideiros da Limia.

No propio Domingo de Oleiro, e vendo a espectacular acollida acadada na última edición, a comisión deste ano repetirá as accións do ano 2018 coa contrata de grupos locais de música.tradicional da comarca da Limia e rematará a xornada, logo do xogo das Olas, co grupo "O Fiadeiro" e todo un corpo de baile tradicional que dinamizarán e encherán as rúas de Xinzo con baile e música.

SEGUE O DESFILE INFANTIL

No eido infantil, o Venres de Entroido repetirase o espectacular desfile infantil do Entroido de Xinzo con todos os cativos da comarca da Limia participando del, un momento especialmente bonito na nosa vila. Ademais acompañarannos Paco Nogueiras co seu espectáculo "Brincavai" o Luns de Entroido e por suposto, o Domingo de Piñata, durante toda a tarde, os nenos poderán gozar de inchables e actividades na Praza Maior a cargo de Ocioavia. decoración e iluminación deste ano tamén terá certos cambios con respecto ao anos pasado pero seguindo a estética tan mimada conseguida polas anteriores comisións.

Destaca o traballo levado a cabo pola comisión para que este ano o Entroido de Xinzo sexa un dos máis limpos de Galicia, reforzando a recollida de lixo, sobre todo no Sábado e Luns de Entroido, momentos onde máis afluencia hai. Así mesmo reforzaranse o número de contedores de vidro na rúa, e poranse novos puntos limpos pola vila.

Aínda así, a comisión deste ano quere facer especial fincapé que a limpeza é un factor principal na festividade e que soamente se poderá conseguir mediante a colaboración de cada un dos veciños, mediante o respecto e o civismo. Remarca tamén a necesidade de respectar os horarios de recollida de lixo, sobre todo polos establecementos adicados a restauración. Por iso se lles pide afervoadamente que o baleiramento de lixo se faga na noite ou pola mañá cedo.