O primeiro pleno ordinario que celebrou esta mañá a nova corporación que saíu das furnas en maio, durante o 90% do seu tempo, ven parecía un de final de lexislatura onde os 10 puntos da orde do día foron aprobadas por unanimidade agás no correspondente a operación de tesouraría a curto prazo na que os do PSdG-PSOE se abstiveron.

Entre os temas que se aprobaron por unanimidade estaba unha moción do BNG referida ó Día da restauración da Memoria Lingüística de Galicia "En galego, agora e sempre" referida ao cambio de placas nos cemiterios dos pobos para que se poñan en galego.
Outro dos puntos que foi acordado por maioría foi a solicitude dunha moratoria eólica no Concello de Xinzo de Limia e Comarca, moción presentada en conxunto por todos os grupos. Outra das mocións que xa chegaron consensuadas ao pleno foi a de que adoiten medidas urxentes contra a vespa velutina.

Todo cambiou cando Elvira Lama solicitou ao pleno a consideración de dúas proposicións con carácter urxente. Na primeira delas solicitaba a aprobación urxente de bases para axudas a material escolar para alumnado de educación infantil, debido a suba dos custes e todos estes materiais. O propio alcalde matizou que este ano non estaba contemplada esa axuda, e que non se podía contemplar, posto que a Sra. Elvira, sendo alcaldesa, non deixou partida nos orzamentos deste ano 23 para elo.

Chegou logo a segunda moción de urxencia cal era a de a reprobación do concelleiro do PP Carlos Gómez polos feitos acaecidos no pleno que se conectou ao mesmo e seguiu dende o seu coche. Elvira Lama cualificou os feitos de Neglixentes e Temerarios. Despois do relato de motivos acontecidos que todos puidemos ver no vídeo que circulou naquelas datas nos xornais, no que Carlos Gómez seguía o pleno dende o seu coche, participando nas votacións, que por certo a secretaría non deu como nulos, e que nesta ocasión o concelleiro aludido Carlos Gómez manifestou no seu turno de palabra, que entendía que a moción de reprobación presentada polos Socialistas máis se debía a distribución de escanos que hai agora no concello, que por outras cuestións, engadindo que parou o vehículo e que seguiu o pleno a través do audio, e que polo tanto non entende que cometera ningunha infracción, como se pode acreditar tamén polo feito de que por ese tema non recibiu ningunha denuncia por tráfico.

Despois de outra intervención máis por parte de cada un deles pasouse a votación por parte dos concelleiros dando como resultado un empate a 6 votos e unha abstención do concelleiro Moncho Gómez. A moción foi rexeitada, neste caso, polo voto de calidade do alcalde.
Rematou o pleno cunha “batalla” de preguntas, a gran maioría do PSOE, as que se comprometeron a respostar por escrito no próximo pleno.