Xa pasaron por Xinzo os vándalos!!!!!!

cats
Xa pasaron por Xinzo os vándalos!!!!!!

Parece ser que este fin de semana os ou as, non tiñan outra cousa mellor que facer para divertirse que desfacer o que tanto esforzo e cartos nos costa aos contribuíntes deste pobo.

A súa “diversión” consistiu esta vez en arrincar as plantas que tan solo tres días antes o Concello puxo no xardín da pantalla e para rematar a faena un banco de pedra do casco antigo.

Así non hai maneira de ter un pobo limpo, agradable e bonito que todos desexamos.

Supoñemos que a cabeza quedoulles descansada, aínda que foi unha pena, que os anacos do banco non lle caeran por encima dun xeonllo e cando estaban a voltas coas plantas, “que todos sabemos que son un perigo para a saúde” , non aparecerán as forzas de seguridade. Outra vez será!!.