Xa poden pasear xuntos, pais, fillos e demais persoas que vivan xuntos

paseo-familia-k0nH-U110171792847fnD-624x385@Las Provincias
Xa poden pasear xuntos, pais, fillos e demais persoas que vivan xuntos

Non haberá restricións horarias para as saídas en Xinzo

Despois da confusión xerada estes días polo anuncio e non publicación da orde que autoriza os cambios, hoxe o BOE publicou a orde que afecta directamente ao noso concello de Xinzo.

Entre outros cambios, ata novo decreto ou cambio de fase, que todos esperamos sexa o luns as novas normas, no tocante a Xinzo, poderíanse resumir nas seguintes:

222222.- Non son de aplicación as franxas horarias para saídas a camiñar e facer deporte.
.- Poden saír a pasear, todas as persoas que vivan nunha mesma vivenda (Pais, fillos, etc, sen numero)
.- A actividade poderase realizar a máis de 5Km, incluíndo outros municipios adxacentes.
.- Permítese aos concellos a organización de feiras e mercados sempre que o consumidor non manipule o que compra.
.- A hostalaría poderá abrir os locais interiores, cun 40% de aforo, sempre sentados en mesas, gardando as distancias e nunca na barra.

Os responsables da Policía Local recordan, que todas estas novas actividades que se poden facer , deben contar coas medidas de seguridade vixentes, como poden ser o uso das mascarillas e sobre todo e moi importante a distancia de seguridade dos dous metros.