12 de julio de 2017, 19:09
O venres as 12 no salón de actos da Casa da Cultura as o alcalde acompañado polo concelleiro de festexos Luís M. Gil e os membros da comisión de festas farán a presentación das novas atraccións que conforman o programa definitivo das festas deste ano.
FESTA DA ESCUMA E ANIMACIÓN CUBANA
Para abrir boca, este venres as 19:00 na alameda do Toural haberá unha festa da escuma, sobre todo para os mais pequenos.
A partir das 23:00 Carlos Tarefa dará unha sesión de baile cubano na praza de Oriente. Esta actividade conta coa colaboración da academia de baile Danzón de Xinzo.
CHIKIBAND
Entre a festa da escuma e a actividade de danza as 21:00 a praza de S. Roque será o escenario para o concerto que ofrecerá a orquestra Chikiband.