XacobeAndo por Terras da Limia

Concelleiros, alcaldesa membros do grupo XacobeAndo co seu Monitor e o Delegado da Xunta
XacobeAndo por Terras da Limia

Catro voluntarios de Alcobendas, Lituania, Letonia, colaborarán en aspectos como a concienciación ambiental e a posta en valor do patrimonio cultural e natural; a creación de recursos dixitais sobre a experiencia no Camiño; e o acompañamento e integración de grupos de persoas con necesidades especiais

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alen, saudou esta mañá, acompañado da alcaldesa, Elvira Lama, aos catro voluntarios que están a participar no programa XacobeAndo’ da Xunta e que colaboran en accións de conservación e difusión das rutas de peregrinación a Santiago.

Estas tres mozas de Alcobendas, Lituania e Letonia e un mozo de Eslovaquia, con idades entre os 18 e os 30, forman parte dos 80 voluntarios de diferentes países de Europa que dende xullo e ata o mes de outubro están a chegar a Galicia para difundir o Camiño de Santiago.

040822 Xacobeando 3

O delegado territorial deulle a benvida aos participantes e agradeceulle a súa vitalidade e gañas de axudar a mellorar o mundo. Neste sentido, fixo fincapé no valor que ten o Camiño a nivel económico, para a localidades polas que transcorren as súas rutas; espiritual, por dotar aos seus peregrinos de enerxía e da máxima da paisaxe; e participativo, porque no seu coidado implícase a toda a comunidade.

Gabriel Alén explicou que durante a súa estadía, estes voluntarios realizarán actividades en tres ámbitos: Camiño inclusivo; Camiño sostible e Camiño dixital. Deste xeito, axudados por titores e profesionais, colaborarán en aspectos como a concienciación ambiental e a posta en valor do patrimonio cultural e natural; a creación de recursos dixitais sobre a experiencia no Camiño; e o acompañamento e integración de grupos de persoas con necesidades especiais.

Xacobeando

Xacobeando é un proxecto aprobado pola Axencia Executiva do Programa Corpo Europeo de Solidariedade na quenda do 2021, presentado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Trátase dunha convocatoria centralizada da Comisión Europea para Proxectos de Voluntariado en Equipo en Ámbitos de Alta Prioridade.

040822 Xacobeando 2

A necesidade da posta en marcha deste proxecto e esta actividade baséase no incremento constante de peregrinos que realizan o Camiño de Santiago e a relevancia que este acontecemento adquiriu ao longo dos anos. Durante os anos 2021 e 2022 celébrase o Ano Santo Xacobeo, ao que acudirán millóns de peregrinos de todas as nacionalidades do mundo. Queremos aproveitar este acontecemento para realizar este proxecto de voluntariado en equipo que reforce o concepto de solidariedade xa presente no Camiño de Santiago, dar visibilidade ao CES (Corpo Europeo de Solidariedade) e aos proxectos de voluntariado europeos e difundir o programa entre os mozos das zonas por onde discorre o Camiño.