As xeadas provocan estragos en Xinzo

IMG_5200
As xeadas provocan estragos en Xinzo

As temperaturas na Limia chegaron aos -5 ºC.

A xeada que caeu esta pasada noite en comarcas do interior de Galicia provocou importantes danos nos viñedos, truncando unha campaña vitícola que se iniciou moi ben. Os brotes das vides foron queimados por este baixón de temperaturas de ata menos seis graos, o que provocará un importante descenso da colleita tanto este ano como no próximo. A práctica ausencia de seguros agrarios fronte á xeada agrava a situación.

IMG_5197

Importantes danos na pataca de temperán

Outro cultivo que resultou moi danado foi a pataca de temperán. José Casais, un agricultor que sementa unhas 8 hectáreas no val de Monterrei asegura que "quedaron totalmente queimadas pola xeada, e o mesmo sucedeu nas patacas que estaban xa germinadas na Limia".

IMG_5199

De momento a Xunta de Galicia non fixo unha valoración dos danos e se se vai a establecer algunha liña de axudas como a que se estableceu o pasado ano para os viticultores da Ribeira Sacra afectados pola saraiba no mes de agosto.

IMG_5198

Os agricultores limiáns están preocupados por cal pode ser a dimensión na que se vexa afectada a colleita no próximo ano.