lunes 6/12/21

    A Escola elemental de música comeza a funcionar ás 16.30h deste venres. As aulas da Casa da Cultura están recibindo os últimos retoques para que estea todo listo para comezar o curso.musica

Arredor de 17 alumnos que quedaran sen praza no Conservatorio oficial de música, empezan esta tarde as clases cos profesores sufragados pola Deputación. En total fixeron falta 8 mestres para cubrir as docencias de guitarra, acordeón, saxofón, violín/viola, clarinete, frauta, trompeta e piano. A ensinaza repártese entre o xoves , que haberá unha clase, o venres con dúas e o sábado con cinco. Todos alumnos cursarán en grado elemental e recibirá idéntica formación á impartida no Conservatorio. Deste xeito garántese que as persoas que cursen esta ensinanza non oficial poidan optar ós exames de paso de grado para obter unha praza de estudos medios. 

Así pois esta tarde empeza o curso esolar para esta xente que quedou nun principio sen praza e que rematarán o 25 de xuño.

A solución de que a Deputación asuma o profesorado e o Concello aporte as aulas tomouse in extremis e como algo puntual para este curso. 

Comentarios