Xinzo remodelará por completo o Campo da Feira

Imaxe do magosto popular de Xinzo Adiante o pasado ano.
Xinzo remodelará por completo o Campo da Feira

Para a súa execución contará cunha subvención de 550.000 euros da Consellería de Infraestruturas, que se sumarán a outros 40.000 euros.

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, anunciou a reforma integral do Campo da Feira. Para a súa execución contará cunha subvención de 550.000 euros da Consellería de Infraestruturas, que se sumarán a outros 40.000 euros xa aprobados. Este proxecto no que xa está a traballar o arquitecto municipal, ten como obxectivo reformar as naves, a pavimentación exterior e o espazo contiguo. Estas axudas económicas tamén permitirán a reforma da nave de usos múltiples, que ten ao redor de 1.000 metros cadrados e capacidade para 800 persoas, e que se utiliza para distintos actos e eventos de diversa índole así como para comer o polbo os días de feira. Contará tamén con baños novos e adaptados para persoas de mobilidade reducida. Tamén se disporá de cociñas e almacéns renovados por completo.

Así mesmo, o pavillón secundario que era utilizado para acoller feiras de gando, remodelarase totalmente e converterase nun novo almacén municipal.