viernes 28/1/22

Como é tradición, a iluminación de Nadal de Xinzo de Limia acendeuse nesta ponte festiva para anunciar a próxima chegada dunhas festas que serán especiais no municipio. Este é o propósito do Concello, que preparou un completo programa de actividades con todas as medidas de seguridade e no que os nenos serán os grandes protagonistas. A ilusión xa se palpa no ambiente nunhas rúas engaladas con arcos e tiras luminosas, ademais das prazas nas que locen todo tipo de adornos. Destaca o parque do Pombal, onde se instalaron as casiñas de Nadal, a praza Maior coa casa de Papá Noel e a gran árbore, así como a praza Carlos Casares, onde xa se pode acceder á pista de patinaxe sobre xeo e ao mercado de artesanía. No rural tamén se está a ultimar a instalación da iluminación, onde haberá arcos luminosos e adornos.

Iluminación2iluminación4