Os emprendedores van dispor de dous espazos en Xinzo concebidos para ser aceleradores de emprego. Isto contempla accións como a cooperación con todas as entidades que traballan no eido da formación e asesoramento para a posta en marcha dos mellores proxectos, que serán titorizados por expertos na primeira fase.
En cada unha das sedes haberá catro convocatorias sucesivas que se desenvolverán durante uns 5 meses cada unha e que poderán acoller, en cada caso, a máis de 60 emprendedores-impulsores dun máximo de 22 proxectos por convocatoria e localización. En total, poderán participar nesta iniciativa 1.500 novos empresarios de toda Galicia.
A mañá do xoves é a data na que se van presentar as aceleradoras que actuarán nos dous próximos anos en Xinzo de Limia grazas a un acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Escola de Organización Industrial (EOI). O financiamento do proxecto suporá dunha achega conxunta de 4.8 millóns de euros, dos cales a Xunta porta 960.000 a través do IGAPE. O resto é aportación da EOI contando coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.
O da Limia é un dos seis espazos para potenciar o traballo dos emprendedores por toda Galicia. O resto de sedes atópanse en Celanova, Cabana de Bergantiños, Monforte, Mondoñedo e Ferrol.