Xinzo acolle unha homenaxe ó escritor Carlos Casares na véspera do Día das Letras Galegas

casares
Xinzo acolle unha homenaxe ó escritor Carlos Casares na véspera do Día das Letras Galegas

A praza da vila de Xinzo que leva o nome do escritor foi testemuña dunha homenaxe que tivo lugar na mañá do luns. Todos os presentes quixeron destacar a figura de Carlos Casares como un home que sempre tivo presentes a Xinzo e á Limia nas súas obras e no seu pensamento.

Pese a pasar pouco tempo na zona, seu fillo salientou no acto que "a relación de meu pai con Xinzo sempre foi moi estreita, non viviu moito tempo aquí pero o pouco que pasou foi moi intenso", destacou Hakan Casares, fillo do escritor.

Outros dos poñentes tamén quixeron destacar a faceta menos coñecida de Carlos Casares como foi a súa loita por un cine galego.

A xornada tamén estivo marcada pola lectura breve da obra do escritor da man da profesora Elisa Brea e o historiador Edelmiro Martínez. No acto interviron outras figuras como o estudioso Xosé A. Carrera, o poeta Luis González e representantes do mundo da poítica como o concelleiro de Turismo Carlos Gómez, ou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Tódolos asistentes, a espera da confirmación oficial, amosaron o seu desexo de que o Día das Letras Galegas 2017 estea dedicado á obra e persoa de Carlos Casares.