Xinzo acolle un obradoiro destinado a fomentar a protección da paisaxe

limia
Xinzo acolle un obradoiro destinado a fomentar a protección da paisaxe

Terá lugar na mañá do sábado na Casa da Cultura

A actividade enmárcase no proxecto Estratexia da Paisaxe de Galicia, da man do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia.

Esta segunda fase plantéxase para conformar as directrices da pasaixe, recollendo as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das paisaxes.

Como xa fixeran na primeira fase recollendo información dos veciños e veciñas para elaborar o Catálogo de Paisaxes de Galicia, volven á vila desta volta co obxectivo de protexer e preservar os elementos máis significativos e característicos das distintas paisaxes.

A intención é que con toda a información que recollan dos asistentes, poder usala para mellorar, restaurar ou rexenerar terreos, facendo un uso sostible dos mesmos a través dunha serie de iniciativas.

O obradoiro terá lugar na mañá do sábado, a partir das 10h na aula CEMIT, na Casa da Cultura de Xinzo. Para anotarse poden facelo no enderezo atlaspaisaxe.iet@gmail.com.