XINZO ACOLLERÁ O SERVIZO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL

casa concello noite
XINZO ACOLLERÁ O SERVIZO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL

O alcalde de Xinzo, Manuel López Casas, mantivo unha reunión cos responsables do Centro de Atención e Inclusión Social da comarca limiá, instalados actualmente no concello de Sarreaus, co obxectivo de buscarlles un novo emprazamento para que poidan centralizar os seu traballos na vila. Esta entidade soporta unha maior cantidade de traballo na capital comarcal, en comparación con outros municipios limítrofes.

"Prestan periódicamente e a demanda, asistencia na Casa da Cultura de Xinzo, onde teñen un espazo, pero quere ter unha oficina permanente para poder facelo", dixo o alcalde de Xinzo. "Nós estamos pendentes de que a Vicepresidencia da Xunta de Galicia nos de unha axuda ó cen por cen, ou unha participación para poder acometer a reforma dunha das alas do Concello, que ten estructura pero que setá sen rematar. Xa mandamos o proxecto", engadiu.

O edil matizou que prácticamente a totalidade das dependencias municpais están ocupadas, por o que teñen falta de espazo para cubri este feito. Na actualidade este servizo de titularidade autonómica debe atender a unhas 30.000 persoas de toda a comarca de A Limia. "Estvimos estudiando as nosas posibilidades, nos propuxemos que se ubiquen na planta superio do Concello ou no Centro de Día, que está baleiro".