Xinzo acumula beirarrúas ás que non se pode acceder en cadeira de rodas

rodas
Xinzo acumula beirarrúas ás que non se pode acceder en cadeira de rodas

Algaria Asociación de PCD da Limia denuncia a falta de "sentido común" nas obras de Marcelo Macías

Algaria Asociación de PCD da Limia denuncia que as beirarrúas do colexio Carlos Casares non permiten o acceso en cadeira de rodas. As construcións carecen de rebaixes e no caso de telos non están feitos de xeito correcto.

rodas1

A situación é complicada para as persoas que fan uso dunha cadeira de rodas que se ven na obriga de ter que pasar pola estrada co risco que iso conleva.

Outra das apreciacións que fan é que o timbre da escola está situado nun lugar ó que tampouco pode acceder unha persoa con mobilidade reducida ou mesmo alguén de pouca estatura.

rodas3

Antes estas situacións de "clara vulneración dos dereitos das persoas con diversidade funcional", apuntan, presentaron diversos escritos de denuncia reclamando ó Concello de Xinzo e ó Servizo Técnico da Consellería de Educación, e a día de hoxe aínda non tiveron resposta. "O que é peor continúan coas obras sen ter consideración coas recomendacións que de xeito verbal se lles transmite ás persoas e empresas que as realizan", matizan dende Algaria.

A asociación leva traballando dende o ano 2012 na Eliminación de Barreiras e Accesbilidade ao Concello de Xinzo de Limia mediante a presentación de numerosas propostas.