Xinzo Adiante considera que o profesorado do Conservatorio ten que ser asumido pola Xunta

XA
Xinzo Adiante considera que o profesorado do Conservatorio ten que ser asumido pola Xunta

Contan co apoio da parlamentaria do grupo mixto Chelo Martínez

O grupo Xinzo Adiante considera que a ordenanza municipal que regula o funcionamento do Conservatorio de música, está encamiñada a pechar o centro. O portavoz de XA, Manuel Pérez, di non entender como en 2011-2012 había nove profesores no Conservatorio e que "en 2013 contratouse un máis e agora hai oito docentes, porque non se pode contratar ós dous que fan falta se xa os había no curso 2011-2013?". Apuntan dende XA que non se trata dunha cuestión de plan de axuste ou da lexislación. Manuel Pérez manifesa que "o que pasou foi que unha persoa xubilouse e non se cubriu o seu posto e había dúas contratacións temporais e tampouco se manteñen, agora que queren?pois que o Conservatorio vaia desaparacendo".

Xinzo Adiante declara a súa preocupación polo futuro do centro musical, pois, sinalan, é un centro de educación reglada do cal sae moita xente cunha profesión para vivir. Por iso para XA a solución pasa porque sexa a Xunta de Galicia quen asuma o profesorado do Conservatorio como fan nas escolas ou institutos, e que o Concello de Xinzo se encargue do mantemento do centro e das infraestruturas.

Contan co apoio da parlamentaria galega do Grupo Mixto, Chelo Martínez, que manifesta que " en vez de buscar e manter unha formación para que non se leve a cabo o despoboamento do rural, acaban con todo, a Xunta ten olvidado o interior de Galicia, ter un Conservatorio de música en Xinzo é moi importante para a zona".