Xinzo Adiante esíxelle a Sanidade que pare os recortes no PAC de Xinzo a través dunha moción

XA
Xinzo Adiante esíxelle a Sanidade que pare os recortes no PAC de Xinzo a través dunha moción

Animan ós limiaos a que se mobilicen pola redución de enfermeiras

O grupo Xinzo Adiante súmase ás protestas contra a eliminación de unha das dúas prazas de enfermaría no centro de saúde de Xinzo. Con tal fin, rexistraron unha moción urxente para elevala ó pleno do vindeiro martes e esixirlle á Consellería de Sanidade que paralice os recortes na Limia. Consideran dende XA que "os recortes son crueis, pero sono mais cando afectan ó ben máis preciado que temos, ós nenos e nenas o noso futuro , a esperanza coa que a Limia conta para ser comarca viva e dinámica". É que segundo o previsto, o PAC de Xinzo pasará de ter dúas enfermeiras a unha soa adscrita ós dous médicos pediatras.centro saude xinzo 2

A Xinzo Adiante preocúpalle a sobrecarga que debará asumir a única enfermeira que quedará en pediatría e que deberá atender ela soa a tódolos cativos. Sinalan que ademais os nenos doutros concellos da comarca que veñan a Xinzo a ser consultados polo pediatra, logo serán derivados á enfermaría dos ambulatorios dos seus concellos, algo que califican de "tolemia, nalgúns casos estamos falando de 25 km de distancia".

Din non entender a actitude do goberno local que "nunca se decata de nada nin toma medidas para evitar a continua perda de dereitos".Por todo isto, XA chama á cidadanía para que se mobilicen contra os novos recortes do goberno de Feijoo.