Xinzo Adiante lamenta as declaracións do alcalde e solicita respecto para todas as confesións relixiosas

Manuel Pérez, Francisca Rodríguez e Xosé Miguel Barrios, concelleiros de Xinzo Adiante
Xinzo Adiante lamenta as declaracións do alcalde e solicita respecto para todas as confesións relixiosas

Xinzo Adiante considera que non se pode relacionar o posible e improbable risco de que na nosa vila se produza un acto terrorista yihadista coa presenza –sempre pacífica– de poboación musulmá.

O sábado 30 de setembro o alcalde de Xinzo de Limia realizou nun medio de comunicación unhas declaracións pouco afortunadas, nas que relacionaba o feito de que a Xunta de Seguridade Local tomase medidas para protexer a Praza Maior coa existencia dun \“alto nivel de poboación musulmá\”, para apuntar seguidamente que \“os máis xoves chegan máis radicalizados\”.

Esixímoslle ao alcalde que se desculpe publicamente polas declaracións que verteu e que traballe a prol do respecto para todas as crenzas e manifestacións culturais.

Consideramos que non se pode relacionar o posible e improbable risco de que na nosa vila se produza un acto terrorista yihadista coa presenza –sempre pacífica– de poboación musulmá. Na nosa comarca nunca houbo ningún tipo de problema de convivencia coa poboación musulmá. E resulta gravísimo que o alcalde e Presidente da Xunta de Seguridade Local realice unhas declaracións absolutamente desproporcionadas e deixan entrever un tinte case racista. A clase política debe dar unha imaxe de mesura e tranquilidade ao pobo, polo que realizar declaracións deste tipo resulta absolutamente improcedente.

Esixímoslle ao alcalde que se desculpe publicamente polas declaracións que verteu e que traballe a prol do respecto para todas as crenzas e manifestacións culturais, sempre; o respecto non pode manifestarse unicamente para tratar de gañar as eleccións con falsas promesas e emprazámolo, como fixemos no Pleno, a traballar para solucionar problemas que si existen na nosa vila como o \“trapicheo\” que presuntamente se produce na Praza Carlos Casares –a pé do propio Concello- ou nas portas de determinados centros educativos. Este si é un problema real.

Xinzo Adiante