Xinzo almacena 200 toneladas de sal para a posta en marcha da campaña invernal

OURENSE. 16.01.2015 A LIMIA, JORNADA DE NIEVE. AUTOVIA A-52. FOTO: MIGUEL ANGEL
Xinzo almacena 200 toneladas de sal para a posta en marcha da campaña invernal

A Deputación conta con preto de 50 vehículos para quitar a neve das estradas

A Deputación de Ourense pon en marcha a campaña de inverno nas estradas para facer fronte as adversidades meteorolóxicas propias da época.

O dispositivo conta con 49 vehículos e maquinaria como quitaneves, motoniveladoras e vehículos de menor tamaño con cuchilla. Levarán a cabo actuacións nos máis de 2.000 quilómetros de estradas provinciais, 1.840 de vías provinciais e 200 municipais.

O ente provincial contará con 62 traballadores para esta campaña, entre técnicos, celadores, vixiantes e operadores de máquina.

Así mesmo na comarca almacenáronse 200 toneladas de sal en Xinzo, na nave municipal que se atopa a carón do campo da feira, e 150 en Bande.

Deste xeito cando comecen as nevaradas o dispositivo estará montado para a súa efectiva actuación. Pese a que o inverno estáse retrasando, nesta fin de semana baixaron as temperaturas e caeron as primeiras folerpas na montaña de Ourense.