Xinzo anima á veciñanza a facer compostaxe na súa casa

38
Xinzo anima á veciñanza a facer compostaxe na súa casa

Os veciños que o soliciten e cumpran os requisitos recibirán un composteiro e un manual e deberán estar presentes nas visitas dos técnicos que realizan o seguimento da campaña

Promover a economía circular, devolvendo os biorresiduos en forma de materia orgánica rica en nutrientes á terra.

37Este é un dos obxectivos da segunda campaña de compostaxe doméstica que se está levando a cabo nos concellos da provincia que teñen delegado o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos na Deputación de Ourense e á que o Concello de Xinzo anima a adherirse.
Unha horta de 50 metros cadrados ou un xardín desta mesma superficie bastará para que os veciños poidan sumarse á iniciativa, sempre que non participasen noutras edicións de fomento de compostaxe e se comprometan a estar presentes nas visitas dos técnicos que se encargan de realizar o seguimento e comprobar que o proceso se realiza correctamente. Na primeira visita, os interesados recibirán o composteiro e un manual.
“Non perdas a oportunidade de conseguir o teu propio abono de calidade”. Este é un dos lemas da iniciativa, cun prazo de inscrición que rematará o 15 de outubro e que contribuirá tamén a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e o cambio climático.

Para conseguir bos resultados, os veciños de Xinzo deberán escoller o mellor lugar dentro da parcela, accesible, con algo de sombra e en contacto co solo; instalar o composteiro onde depositar os restos orgánicos do fogar e os refugallos do xardín; ter a súa disposición unha pequena ferramenta para remover e airear os materiais que están no composteiro e outra para retirar o compost maduro e deberán humedecer o interior da instalación para asegurar o éxito do proceso.

Os interesados obterán máis información na dirección de correo electrónico depourensecomposta@depourense.es e no número de teléfono 988 317 687. As inscricións realizaranse na casa consistorial e o Concello de Xinzo anima á poboación a participar para obter un abono de calidade e de balde ao mesmo tempo que se pecha o ciclo de vida dos residuos orgánicos.