viernes. 03.02.2023
Aprobado un presuposto de 8.111.777 €

Xinzo aproba por unanimidade o seu primeiro Plan de Igualdade Participativo e a moción para pedir á Xunta máis persoal sanitario

“Facemos filigranas para medir cada custo e cada gasto sen malgastar nin un euro e remitindo cada tres meses as nosas contas ao Ministerio de Facenda” (Elvira Lama)
Seión plenarai ordinaria do 27.12.22
Seión plenarai ordinaria do 27.12.22

En tempo e forma, por segundo ano consecutivo, o Concello de Xinzo de Limia sacou adiante a aprobación inicial do Orzamento do 2023, co voto en contra do Partido Popular e a abstención da concelleira non adscrita, Montse Lama. O presuposto supera a barreira dos 8 millóns de euros pese ao lastre da pandemia e da crise económica actual. En concreto, alcánzase a cifra de 8.111.777 euros no apartado de ingresos, atendendo ao plan de axuste do Ministerio de Facenda, que esixe a redución do 2% e ao que está sometido o concello debido a deficiente xestión económica realizada nos anteriores mandatos. No orzamento contémplase un gasto de persoal de 4.339.467 euros (53,88% do total) e un gasto corrente de 2.738.039 euros (34%).

Elvira Lama escoitando a intervención do portavoz do PP
Elvira Lama escoitando a intervención do portavoz do PP

A alcaldesa, Elvira Lama, destacou os 162.000 euros reservados para subvencións a diferentes asociacións, clubs e entidades que traballan en prol dos veciños e veciñas de Xinzo de Limia e lembrou os 45 millóns de euros conseguidos para o concello neste mandato, destacando proxectos como a mellora dos accesos á vila, o Plan de Regadío ou a recuperación do Mosteiro de Trandeiras. A rexedora definiu as contas como “realistas”, tendo en conta a estrita vixilancia do Plan de Axuste: “ Facemos filigranas para medir cada custo e cada gasto sen malgastar nin un euro e remitindo cada tres meses as nosas contas ao Ministerio de Facenda”.

Outro dos aspectos destacables da sesión plenaria foi a aprobación, por unanimidade, do primeiro Plan de Igualdade Participativo, que será presentado á poboación nas próximas semanas. Tal e como explicou a rexedora, trátase dun documento feito á medida das necesidades do concello, “un documento vivo para executar accións dirixidas a ansiada igualdade real”.  Trátase, en definitiva, dunha folla de ruta que planificará con medidas, indicadores e sistemas de avaliación a política de igualdade municipal durante os vindeiros catro anos.

Antonio Fernández revisando documentación no pleno
Antonio Fernández portavoz do PP

Tamén co apoio de todos os grupos saíu adiante a moción presentada polo grupo de goberno para solicitar á Xunta de Galicia medidas que melloren a atención sanitaria en Xinzo de Limia e que abarcan desde o incremento de máis especialistas ata a ampliación do centro de saúde. Entre as carencias detectadas polo grupo de goberno, tras levar a cabo diferentes reunións cos profesionais sanitarios, figura un incremento de persoal para cubrir baixas e días de descanso, pois hai unanimidade entre profesionais e pacientes con relación á escaseza dos primeiros. Decidiuse así presentar unha moción conxunta de todos os grupos para lograr estes obxectivos.

Tamén se aprobou na sesión plenaria nomear, a título póstumo, a Ramón de la Fuente Galván como fillo predilecto, pola súa traxectoria e dedicación ao Concello de Xinzo de Limia, tanto na súa faceta profesional como médico como na súa actividade política, así como promotor e colaborador, de xeito persoal e desinteresado, en diferentes accións e actividades no eido cultura e deportivo. Dedicáronselle palabras de agarimo: “Máis alá do seu labor como médico, sempre xeneroso co afecto cos pacientes, integrouse tanto no ambiente e nas necesidades da vila que termina por participar activamente en moitos ámbitos da vida social de Xinzo, apoiando o desenvolvemento de múltiples actividades”. A data na que se realizará o acto institucional de homenaxe concretarase nas próximas semanas.

Concelleiros que asistiron ao pleno de maneira telemática

Na orde do día tamén se incluíu a ratificación da terceira addenda modificativa do convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo de Limia para as actuacións das infraestruturas hidráulicas asociadas ao Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras. A Confederación aportará o 90% do orzamento e a administración local o 10 % para recuperar esta xoia patrimonial, se ben este punto saíu adiante coa abstención do Partido Popular.

Aprobouse por unanimidade o preaviso da segunda prórroga do contrato de subministro de electricidade en alta e baixa tensión a través da Central de Contratación da FEMP e co fin de seguir obtendo un aforro na electricidade propiciado, ademais, pola substitución das vellas luminarias do concello por LED e que xa se levou a cabo en máis dun 80% grazas ao apio do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE),