miércoles. 06.07.2022

Xinzo arranxará fontes e lavadoiros nos pobos

O Concello activa un plan para recuperar lavadoiros e fontes, dando prioridade ás emprazadas na Vía da Prata

Piñeira Seca
Piñeira Seca

Xinzo de Limia é un concello con tantas fontes que non é sinxelo contabilizalas.  Así, en lugares como Boado hai ata 14 e o executivo local ten a firme intención de que o paso do tempo deixe de causar estragos nestes elementos da arquitectura tradicional. Por todo isto, estase a levar a cabo un plan de recuperación que se estenderá a todo o municipio. A intención é rehabilitar fontes e lavadoiros, dando prioridade aos emprazados no Camiño de Santiago, na Vía da Prata. Na actualidade, estase actuando en  Trandeiras, Piñeira Seca e Ganade.

Aínda que o deterioro non é o mesmo en todos os casos, tal e como se especifica na memoria do proxecto, os mananciais presentan falla de mantemento e incluso desprazamento dalgún elemento pétreo. Tamén as bocas e os desaugues de moitas destas instalacións están tupidas e precisan revisión de estanquidade.

FiestrasAs fontes son elementos da arquitectura tradicional moi valiosos para os veciños de Xinzo de Limia, polo que a intención do executivo local e seguir traballando neste plan de recuperación que puxo en marcha o Concello, a través da Concellería de Medio Rural que dirixe Amador Díaz, e que tamén prevé a posta en funcionamento de todos os fornos.
Nunha visita realizada pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o concelleiro de Medio Rural a algunha das fontes xa recuperadas, ambos puxeron en valor esta actuación polo estado de deterioro de algunhas fontes e pola importancia de preservar o seu valor etnográfico.
Que a riqueza patrimonial de Xinzo de Limia non caia no esquecemento é, en definitiva, o obxectivo do Concello, que con este plan trata de protexer o gran valor etnográfico de fornos e fontes, xa que están a sufrir un deterioro acentuado pola falta de mantemento. Antes de comezar as obras, realizouse a inspección de cada elemento patrimonial.
O meso está a ocorrer de forma paralela cos fornos dos diferentes pobos de Xinzo, que están sendo recuperados para que podan ser utilizados de novo polos veciños e veciñas, así como para que as nova xeracións teñan a oportunidade de aprender da cocer pan tal e como se facía non hai tanto tempo.

Algún fornos, como o de Faramontaos, levaba tres décadas sen cuberta e agora converterase, unha vez rematen os traballos, nun lugar de encontro coa veciñanza e coa tradición.