Xinzo celebrou o Día de Galicia ao son de 2naFronteira

Xinzo celebrou o Día de Galicia ao son de 2naFronteira
"(Galicia) Capaz de sobrepoñerse ás desgrazas de cada momento, como as lapas dos incendios deste ano que esnaquizan as vidas de quen o perderon todo."

O 25 de xullo, un día de gran importancia para galegas e galegos que celebramos o noso, a nosa cultura e a nosa terra. Neste día non faltan actos de exaltación e de homenaxe a referentes galegos de importancia.

Así, este ano, en Xinzo, celebrouse este día ao son de cantigas baseadas nos poemas Rosalía da man de 2naFronteira. Un acto moi sinxelo pero enriquecedor.

Como se veu dando nos anos anteriores á pandemia, o Día de Galicia este ano celebrouse cun acto oficial organizado polo Concello de Xinzo no Parque de Galiza, para completarlle o sentido ao día.

Desta maneira comezou o Concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez o acto, presentando de maneira cercana aos integrantes de 2naFronteira. Carmen Penim, case veciña de Xinzo e Maurizio Polsinelli, non tan achegado a Xinzo pero achegado case á rexión.

Solidaridade, colectividade e igualdade

Os termos solidaridade, colectividade e igualdade foron os máximos expoñentes do discurso de Elvira Lama nesta celebración do día da Patria, ou como tamén introduciu ela, da Matria.

A solidaridade veu da man dos lumes que recentemente teñen arrasado a nosa terra.

Di Elvira: (Galicia) Capaz de sobrepoñerse ás desgrazas de cada momento, como as lapas dos incendios deste ano que esnaquizan as vidas de quen o perderon todo.

Teñamos hoxe solidaridade con todos e todas as que perderon todos os bens, parte da vida, e a paisaxe que perdemos todas e todos.

Por outra banda, para expresar o sentimento de colectividade baixo a Matria, recolléronse uns versos de Xela Arias:

Dis ma-ma-má
e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
face-lo necesario porque avances.

¿Que é o necesario?
Coma sempre:
asumir que me equivoco e seguir investigando.
Como sempre en min,
e máis contigo.

Darío a diario

Segundo comenta Elvira, temos unha historia en común, unha lingua que nos une, unha cultura propia que nos permite entender o mundo dun xeito diferente doutros pobos. Isto mesmo é ser e sentir como galegos e galegas.

O Himno con Lara Sotelo

Lara Sotelo, é unha rapaza gañadora do Certame Celtibérico de Bandas en Manzaneda como solista. Toca na Banda de Xinzo e o seu profesor Fernando Dopico, decidíu convencela e preparala para presentarse ao certame. Ela vése nun futuro sen abandonar a música, ainda que sexa como hobby, seguir tocando.

Así, tocou, acompañada por Maurizio Polsinelli ao piano, o Himno de Galicia, ao que despois se lle sumaría a voz de Carmen Penim e a emoción dos que asistiron ao evento.