Xinzo celebra o Samaín máis completo da súa historia

IMG_0522
Xinzo celebra o Samaín máis completo da súa historia

Na mañá de hoxe presentouse o completo programa de actividades na Casa da Cultura.

Na mañá de hoxe, mércores 25 de outubro, tivo lugar na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, a presentación da Festa do Samaín deste ano 2017 organizada pola concellería de Cultura de Xinzo en colaboración con diversas asociacións culturais da vila.

A xornada presentada pola organización deste Samaín terá lugar o vindeiro día 31 de outubro a partires das 18:00 horas na Praza Maior de Xinzo.

A xornada presentada pola organización deste Samaín, que terá lugar o vindeiro día 31 de outubro a partires das 18:00 horas na Praza Maior de Xinzo, mostra unha ampla programación participativa e dinámica non só encamiñada aos nenos
e nenas do Concello de Xinzo se non que tamén atenderá as demandas da poboación máis adulta da localidade.

Entre as iniciativas que se poden destacar nesta xornada atópanse diversos obradoiros participativos para os máis cativos, como elaboración de cabazas, traxes e pintura facial de Samaín, cociña de comida "terrorífica", un concurso de
postais terroríficas e exhibicións –tanto de teatro como música ou malabares–. Destaca o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, un premio especial para o obradoiro de cabazas consistente nunha tablet á mellor cabaza, fomentando así a
participación e a accesibilidade ás novas tecnoloxías dos máis cativos.

Iván Prado Rodríguez, en nome das asociacións colaboradoras destacou o traballo de todas as entidades que se sumaron á proposta.

"Esta festa serve non só para poñer en valor esta tradición, propia do noso pobo, senon tamén para unir dalgún xeito á sociedade limiá", asegurou Gómez, que comentou que se está a traballar para que ANPAS, escolas de danza e outras asociacións como a recén incorporada no mundo asociativo, Pro Limia, teñan o seu lugar dentro da celebración.

Iván Prado Rodríguez, en nome das asociacións colaboradoras destacou o traballo de todas as entidades que se sumaron á proposta, poñendo de relevo a súa axuda para facer posible esta data. Grazas ás ANPAS, desenvolverase unha chocolatada popular onde os pais e nais dos nenos que participen no evento sumaran a súa colaboración para que sexa posible. Así mesmo, as escolas de baile como "Danzón" ou "Fitness Fusion" están a traballar nunhas actividades e exhibicións para o evento e a A.C. "Aneis" proporcionará o traballo dun contacontos para ese día.

Facendo click na negriña podes consultar o programa completo da celebración.

Teresa, presidenta da asociación "Pro Limia", presentou unha campaña promocional de Samaín onde terán cabida iniciativas como unha ruta de "Truco ou Trato" cun sorteo final dunha cea para os nenos e nenas participantes, un concurso de
escaparatismo ou de interiores e un concurso gastronómico de tapas de Samaín. Todo isto, apunta Teresa, "para demostrar que hai unión de empresas e, dalgún modo, promocionar esas mesmas empresas que colaboran na campaña".

Como colofón da presentación tomou a palabra o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, recalcando "a gran sorte que ten Xinzo de contar con xente que é capaz de unirse para levar a cabo actividades como a que se está presentando" dicindo que "se non se participa na vida do municipio, non somos capaces de construila". O edil puxo de manifesto a importancia da
participación de todas as asociacións convocadas expondo que "oxalá noutras cousas houbera tanta unión".