Xinzo celebrou o día das Letras Galegas con moita música

IMG_20190517_200033
Xinzo celebrou o día das Letras Galegas con moita música

Entregados os premios Carlos casares de narrativa curta e debuxo

Cun auditorio repleto de xente a concellería de Cultura celebrou os actos co gallo das Letras Galegas 2019.

De todos os actos programados, so se puideron levar a cabo os programados para a tarde por inclemencias meteorolóxicas adversas.

ENTREGA DE PREMIOS

IMG_20190517_195705

O primeiro dos actos foi a entrega de premios dos dous concursos de narrativa curta e de debuxo patrocinados polo Concello de Xinzo e a Fundación Carlos Casares.

O escritor limián Rafael Laso foi o encargado de ler o veredicto do xurado do premio de narrativa curta “Carlos Casares” para escolares de infantil-primaria e xuvenil -secundaria e bacherelato.Na categoría infantil a gañadora foi Eva Rodríguez González coa obra titulada “O galo que non podía cantar”

Na categoría xuvenil o primeiro premio foille outorgado a Alba Dominguez Marra coa obra titulada “O contrario de norte é amor”.

Concurso de debuxo “A galiña azul”

No apartado de debuxo o primeiro premio levouno Xian Mera Gómez do CEIP Carlos Casares por “A galiña expresionista”. O segundo foille outorgado a Lois Rivero Méndez do CEIP de Sandiás por “Un popurrí de coloríns”.

O xurado decidiu , pola calidade dos traballos presentados, conceder dous accésit a Aleix González Rodríguez e Carmen Chapado Novelle.

No concurso “A Limia é así” a gañadora foi Carla Domínguez Pérez do IES Lagoa de Antela por “É tradición e sentimento” e o segundo premio foi para Anass Nagihi Aboilibada , tamén do IES Lagoa de Antela por “Un traxe con sentimentos”.

ACTUACIÓNS MUSICAIS

Rematado o acto de entrega de trofeos déuselle paso a música de bandas coa actuación da banda Santágueda de Coles e a banda infantil da Agrupación Musical da Limia.