Xinzo celebrou o S.Sebastián

IMG_20190120_123333
Xinzo celebrou o S.Sebastián

A chuvia non impediu que o patrón saíra en procesión

Aínda que a mañá non era a mais adecuada para a procesión, os membros da Policía Local sacaron en procesión o seu patrón e máis o do pobo polas rúas en procesión.

Instantánea - 279Unha vez na igrexa oficiouse una misa solemne presidida polos párrocos da dioceses a que asistiron as primeiras autoridades políticas, ademais do xefe da Policía Local e o da Garda Civil.

A igrexa como soe ser costume nestes casos quedouse pequena para albergar a todos os fieis que quixeron seguir a procesión e a celebración eucarística posterior.

MUSICA DAS BANDAS DE XINZO

Os son musicais tanto na procesión coma no templo puxérona a Banda de Gaitas do Concello e a Banda da Agrupación Musical da Limia. Colaboraron na ordenación do tráfico a Policía Local e os membros de Protección Civil do Concello.