Xinzo contará cun plan para acelerar o emprendemento que inclúe catro coworking

consello
Xinzo contará cun plan para acelerar o emprendemento que inclúe catro coworking

Así o acordou a Xunta na súa reunión semanal en Santiago

A Xunta pon en marcha un "acelerador de emprendemento" en Xinzo de Limia pois esta é unha zona con necesidades de dinamismo empresarial. A vila contará con catro coworking, zonas de traballo en cooperación que lle permiten ós emprendedores desenvolver proxectos de maneira individual ou en conxunto con outros profesionais. Estes espazos terán unha duración de 5 meses e poderán participar en cada un ata 22 proxectos.

O obxectivo é impulsar novas actividades empresariais e incrementar as posibilidades de éxito dos negocios. Os participantes contarán con talleres de formación centrados no emprendemento e na xesión empresarial. Ademáis terán un proceso de titorización individual levado a cabo por emprendedores expertos.

Este plan conta cun apartado denominado Demoday no que se presentarán os proxectos e o alcance destes.