O rexedor municipal de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, vén de convocar o pleno ordinario da corporación municipal para o vindeiro luns, día 5, ás 12:30 horas.
Nesta sesión plenaria prevese que se aprobe o convenio polo cal o consistorio limián transfire o Museo Galego do Entroido á Deputación de Ourense para que sexa o organismo provincial quen se encargue da súa xestión.
Así mesmo, tamén se ratificará o acordo da Xunta de Goberno Local relativo á proposta de festivos locais para o vindeiro ano 2019 e aprobaranse, provisionalmente, modificacións en dúas ordenanzas fiscais: a relativa ao servizo de sumidorios e augas residuais e a de subministración de auga a domicilio.
Para rematar a sesión, darase conta dos decretos da alcaldía e a oposición procederá a realizar rogos e preguntas ao goberno local.