Xinzo cumpriu co requisito

PEGADA2
Xinzo cumpriu co requisito

Ás 00:00 os representantes en Xinzo do PP, PSOE, NOS e MAREA cumpriron coa tradición da pegada de carteis na Praza Maior.

A noite prestábase para saír dar unha volta, e de paso , cumprir .Desta vez,ó contrario que nas de fai medio ano as caras eran as mesmas, pero os xestos totalmente diferentes. Ata houbo algún dos participantes que se dedicou a inmortalizar o evento, mentres os seus compañeiros facían a pegada.
Desta vez, tocoulle a honra ó representante do PSOE de Rairiz, facer a primeira pegada do primeiro cartel do seu partido, mentres a representante no concello e na Deputación, máis relaxada que de costume, aproveitaba o tempo para facerse inmortalizar cos seus compañeiros de partido.
NN.XX, do PP, como case sempre foron ós que votaron mao a cola e a escoba, para colocar os carteis do seu candidato, iso si baixo a atenta mirada do líder na Limia,o Alcalde , que estaba arroupado pola maioría de concelleiros.
Os representantes de NOS e A MAREA, tocoulles desta vez repartir o seu esforzo, non nunha candidatura persoal se non máis ben colectiva.
Tampouco se deixaron pasar os comentarios de que quen era nesta ocasión o candidato máis guapo, do cal os socialistas estaban convencidos de que era o seu.
A partir desta noite, todo se trocará outra vez, para tratar de arrimar o \“voto\” a súa candidatura.