Xinzo expresará mañá a súa repulsa polo asasinato machista do Carballiño

A Corporación Municioal nun minuto de silencio pola violencia machista o pasado ano.
Xinzo expresará mañá a súa repulsa polo asasinato machista do Carballiño

Gardarase un minuto de silencio diante da casa consistorial de Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo de Limia vénse de convocar un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista producido no Carballiño esta semana.

O acto terá lugar mañá mércores, día 1 de febreiro, ás 12 horas da mañá, diante da porta da casa consistorial limiá. Prevese que estean presentes os edís de todas as forzas políticas para expresaren o seu claro e contundente rexeite á violencia machista que este ano xa se cobrou a súa primeira vítima mortal na provincia de Ourense.

Nin unha menos!