O. Ferreiro
20 de diciembre de 2016, 22:45
Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar de Xinzo de Limia vénse de convocar un minuto de silencio en repulsa polos asasinatos machistas que deixaron dúas mulleres mortas en Galicia e unha en Cataluña esta fin de semana.
O acto terá lugar mañá mércores, día 21 de decembro, ás 12 horas da mañá diante da porta da casa consistorial limiá. Prevese que estean presentes os edís de todas as forzas políticas para expresaren o seu claro e contundente rexeite á violencia machista que este ano se levou por diante a máis de medio cento de mulleres.
Nin unha menos!