Xinzo gardou un minuto de silencio esta mañá

2
Xinzo gardou un minuto de silencio esta mañá

Alcalde, concelleiros e persoal do concello gardaron un largo minuto de silencio en memoria da moza Diana Quer, despois de ser atopado o seu corpo e encarcerado o seu asasino estes días.

Antes do comezo do minuto o alcalde Antonio Pérez tomou a palabra para solicitar da xustiza \“unha condena exemplar\” para que este caso puidera ser o último en moitos anos.