Xinzo gardou un minuto de silencio polas vítimas de Barcelona

sddefault
Xinzo gardou un minuto de silencio polas vítimas de Barcelona

Veciños e visitantes tamén se achegaron ao minuto de silencio.

Ante os terribles atentados terroristas cometidos polo xihadismo en Cataluña, o Concello de Xinzo de Limia gardou tamén un minuto de silencio na porta da Casa Consistorial.

Veciños e membros da corporación achegáronse á Casa do Concello para lles rendir homenaxe ás vítimas da barbarie. Do grupo de goberno destacou a ausencia de todos os concelleiros excepto o alcalde, que presidiu a convocatoria.