miércoles 22/9/21

Xinzo de Limia,concello escollido para presentar a campaña: No Caminas Sola: Camino de Santiago Libre de Violencias Machistas”

Participan na campaña albergues, farmacias, postos da Garda Civil, a comisaría provincial da Policía Nacional e dependencias das policías locais
Presentación campaña camiño seguro 1
Presentación campaña No Caminas Sola

Emilio González presentou esta campaña na provincia acompañado pola alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Indalecio Linares; o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes; e a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Alida Iglesias.

IMG-20210913-WA0009O subdelegado do Goberno explicou que “os datos falan dun aumento significativo de mulleres que peregrinan a Santiago, que, a día de hoxe, representan máis do 50% das persoas que fan o Camiño. Por iso, dentro do compromiso do Goberno de España de loita contra a violencia de xénero e pola igualdade, consideramos importante desenvolver esta campaña específica para dar a coñecer ás peregrinas todos os recursos e ferramentas que o Goberno pon á súa disposición para a prevención e atención ante calquera tipo de violencia”. A campaña apóiase en facilitar o acceso a todos os recursos dispoñibles nestes casos e en sensibilizar, previr e denunciar as violencias que sofren as mulleres. Para iso, creouse un material específico que se distribuirá nos principais puntos de referencia para as peregrinas.

Así, en Ourense repártese en 41 farmacias, 12 albergues, 9 postos da Garda Civil, na Comisaría Provincial da Policía Nacional e en 6 dependencias das policías locais dos concellos polos que transcorre o camiño. En total, 69 puntos de reparto na provincia. As tarxetas e carteis inclúen información de urxencias, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e do teléfono de atención a todas as formas de violencia contra as mulleres (016), así como da aplicación AlertCops para comunicar en tempo real calquera alerta con envío de localización. Ademais, un código QR enlazará cunha web de recursos do Executivo para atender calquera necesidade a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade. “Trátase dunha iniciativa máis para loitar contra a violencia de xénero e pola igualdade, un recurso a disposición das mulleres para reforzar a súa seguridade no Camiño de Santiago”, indicou Emilio González.

IMG-20210913-WA0004O subdelegado do Goberno agradeceu o traballo da unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense, a colaboración das policías locais, dos responsables de albergues e do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense. Así mesmo, subliñou “o traballo, dedicación e compromiso da Garda Civil e Policía Nacional sempre e especialmente nesta campaña especial de verán, de Ano Xacobeo e nesta iniciativa concreta para facer do Camiño de Santiago un camiño máis seguro aínda”. Esta campaña encádrase no marco do catálogo de medidas urxentes do Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero, aprobado en Consello de Ministros o 27 de xullo de 2021, que se compón de 15 medidas coas que se pretende mellorar a detección e acompañamento das mulleres vítimas de violencia de xénero, ademais de poñer o foco na implicación de toda a sociedade na erradicación da violencia machista e que xorde do traballo conxunto dos Ministerios de Igualdade, Interior, Xustiza, Sanidade e Dereitos Sociais e Axenda 2030. O subdelegado do Goberno indicou que o obxectivo do Goberno de España de loita contra a violencia de xénero e pola igualdade compleméntase coas transferencias anuais que o Goberno de España realiza á Xunta para traballar en materia de igualdade, que este ano alcanzou os 10 millóns de euros e que corresponden ás seguintes partidas: - 7,9 millóns no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Este investimento supón un incremento de case 200.000 euros con respecto ao ano pasado, tanto para asistencia social integral como para violencia sexual. - 0,7 millóns, para o desenvolvemento de programas de asistencia social a vítimas de violencia de xénero e atención de menores, mellorar a coordinación, elaborar plans personalizados e dar apoio a vítimas de agresións sexuais. - 1,4 millóns para o desenvolvemento do plan “España te protege” para a creación dos Centros de Atención Integral 24 horas a vítimas de violencia sexual.