Xinzo de Limia alcanza os 42 graos

Xinzo de Limia alcanza os 42 graos

Recomendacións para pasar mellor os vindeiros, e espérase que últimos, días da vaga de calor

A vaga de calor deixa temperaturas de "risco extremo" na provincia de Ourense e sobre todo nas zonas arredor do río Miño.

Xinzo de Limia rexistrou hoxe unha temperatura máxima de 42 graos, acorde ao resto de temperaturas que se están a alcanzar na provincia. No mapa que publicou a Xunta sobre a afectación desta vaga de calor nas diferentes provincias, Ourense é a única en vermello, o que quere dicir que as súas temperaturas rozaron e rozarán extremos perigosos para a saúde dos cidadáns e para o xurdimento de incendios.

Estes próximos días seguirase rondando a mesma temperatura polo que desde diferentes institucións ínstase á precaución dos cidadáns, sobre todo aqueles que traballen pola tarde ou estén expostos ao sol.

Desde a Xunta fixéronse varias recomendacións para levar mellor estas temperaturas extremadamente altas, polo que nunca está demais telas en conta.

Daquela, entre as recoméndacións, destácase beber auga lixeiramente fría ou zumes de froitas. Deberíanse evitar bebidas quentes e/ou azucaradas. Ademais, Sanidade recomenda levar roupa lixeira e folgada, feita de tecidos naturais e de cores claras. Durante o día deberían baixarse as persianas das vivendas e pechar as fiestras, abríndoas pola noite para ventilalas.

Recoméndase tamén coidar das persoas cercanas que viven solas, para asegurarse de que estén ben, así como de persoas con enfermidades crónicas, nenos e nenas menores de cinco anos e persoas de idades avanzadas.

Estas temperaturas e a actual situación de sequía, son preocupantes, polo que se necesitan actuacións de prevención de incendios e de aforro de auga, para que as consecuencias sexan as menos posibles.