Xinzo de Limia terá bandeira propia e un novo escudo

XINZO DE LIMIA
Xinzo de Limia terá bandeira propia e un novo escudo

A franxa negra, o trigo e o galo formarán parte da bandeira oficial de Xinzo de Limia.

Será no vindeiro pleno ordinario –cuxa celebración está prevista para o xoves 29– cando os membros da corporación municipal de Xinzo de Limia voten os deseños definitivos da novo escudo e da bandeira da capital da Limia.

A do escudo non é máis que unha "pequena modificación" co obxectivo de modernizalo.

A proposta, que foi emitida polo propio grupo de goberno, foi xa aceptada pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. Deste xeito, a vila de Xinzo será unha das poucas da provincia de Ourense en contar cunha bandeira propia. Corresponderá agora aos diferentes grupos municipais decantarse por unha das dúas opcións presetnadas. Estas opcións son, segundo declarou o rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, "moi similares".

A do escudo non é máis que unha "pequena modificación" co obxectivo de modernizalo. Así mesmo, os símbolos más importantes recollidos xa no escudo da capital da Limia trasladaranse á futura bandeira do municipio: a franxa negra, o trigo e o galo.

Trala escolla das opcións definitivas por parte dos membros da corporación municipal, estas serán publicadas nos boletíns oficiais correspondentes. A nova bandeira de Xinzo compartirá espazos oficiais xunto coa española, a galega e a europea.