Xinzo mellorará a iluminación nas avenidas de Ourense e Madrid

asfaltado avd ourense
Xinzo mellorará a iluminación nas avenidas de Ourense e Madrid

O investimento alcanza os 78.000 euros na instalación.

O consitorio de Xinzo de Limia renovará este ano as luminarias das dúas principais avenidas da vila. Dende o concello informan que están a rematar a redacción do proxecto que irá destinado á renovación da ilumincación das avenidas de Madrid e de Ourense.

O obxectivo do goberno local é reducir os consumos eléctricos que consideran "excesivos". Ao ser a zona de Xinzo en que o consumo elétrico é máis alto, o alcalde, Antonio Pérez, sinala que que xa conseguiron reducir o gasto nestas vías dende a súa chegada á alcaldía. Así e todo, aínda non é suficiente e substituiranse as luminarias antigas por outras tipo LED.

Tralo cambio das luminarias da Praza Maior é agora o turno para a "xeral" de Xinzo. O investimento alcanza os 78.000 euros na instalación.