Xinzo mobilizouse polo 8 de Marzo

IMG_20180308_120702
Xinzo mobilizouse polo 8 de Marzo

Reivindicou a igualdade entre homes e mulleres

A localidade de Xinzo de Limia tamén se mobilizou en favor da igualdade entre homes e mulleres no Dia Internacional da muller. Tras a celebración da mesa informativa e dinámicas as dez da mañá, tivo lugar a lectura do manifesto na Praza Maior, onde coincidiron, entre outros, estudantes e profesores dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía , persoas pertencentes a o grupo (Limisi) mulleres da Asociación de Mulleres Rurais , así como diversos colectivos da vila así como traballadoras da hostalaría que deixaron os seus negocios en mans dos homes por unhas horas. Todas estas actividades foron organizadas polo Concello do Xinzo de Limia, a Cruz Vermella e Limisi, e subvencionadas polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.

1

A lectura do manifesto, que tivo lugar as 12.00 da mañá, reivindicou a igualdade entre homes e mulleres na participación da vida persoal e pública. Entre as peticións incluídas no escrito, enumerábanse reformas lexislativas, estratexias sociais e prácticas institucionais que garanten á muller a posibilidade de conseguir os seus desexos, necesidades vitais e profesionais. Puidéronse ler pancartas feitas por a Asociación da mulleres rurais coa mensaxe «visibilidade, mulleres do rural, libres, vivas, feministas e rebeldes» e «as mulleres do rural paramos». As nenas do instituto tamén portaban pancartas onde expoñían os nomes da mulleres destacadas e influintes ó largo da historia.

IMG_20180308_120619

Neste 8 de Marzo, recalcouse que a loita debe ser conxunta e que debe ir dirixida a que as mulleres vivan libres de violencia e opresión. «Mentres exista desigualdade contra as mulleres, todos somos culpables si calamos e toleramos».

IMG_20180308_113253

IMG_20180308_120456