Xinzo organiza un concurso para deseñar a portada de "Vento ferido"

ventoferido
Xinzo organiza un concurso para deseñar a portada de "Vento ferido"

As bases do concurso poden consultarse na páxina web oficial de Concello de Xinzo de Limia.

Dende a Concellería de Cultura, Deportes e Festexos veñen de anunciar a posta en marcha do concurso "Deseña a túa portada" para a obra "Vento ferido" de Carlos Casares.

A celebración deste concurso englóbase dentro da programación do ano no que se adica o Día das Letras Galegas ao limián Carlos Casares. A programación de actos completa será presentada xa definitivamente na semana despois de Semana Santa, unha vez pechada toda a organización coa Real Academia Galgea e coa Xunta de Galicia.

As bases do concurso poden consultarse na páxina web oficial de Concello de Xinzo de Limia.