O alcalde López Casas, mantivo onte unha reunión de traballo con membros da directiva da Fundación S.Rosendo encabezada polo seu presidente D. Benigno Moure de cara a instalación dunha nova residencia de anciáns que de servizo as moitas persoas que por non ter un centro en Xinzo teñen que ir a outras residencias de mais lonxe.
OFRECEMENTO DE PARCELA MUNICIPAL
Dentro do prantexamento de colaboración, aínda que sen definir nin a maneira, nin a forma, López Casas apuntoulle aos directivos que o Concello ten unha parcela de máis de 3.000 m2 na zona da Devesa, que podería ser un bo lugar, ven comunicado e con espazo para levantar a residencia.
A mesma , segundo as intencións da Fundación crearía mais de 40 postos de traballo e daría acollida a 100 persoas necesitadas deste servizo.
PRIORIDADE PARA OS EMPADROADOS
Si este acordo se chegara a matizar en terreos cedidos polo Concello, en condicións que tería que aprobar o pleno, matiza que polo menos os veciños empadroados terían acollida prioritaria no centro residencial , comezando polos de menos rendas.
Na reunión D. Benigno recordaba o seu paso como cura de Xinzo, cando a poboación da vila era de escasos 2.500 veciños.
MAIS EMPRESAS INTERESADAS
Tamén apuntou o alcalde que neste momento no concello tamén hai outra solicitude doutra empresa privada para construír unha residencia. Loxicamente estudiaranse estas e outras propostas e escolleremos a mais vantaxosa para os nosos veciños.