Xinzo prepara unha nova loita entre castrexos e romanos

Xinzo de Limia. 23-08-15. Provincia. Cruce do Río letes na festa do esquecemento. Foto: Xesús Fariñas
Xinzo prepara unha nova loita entre castrexos e romanos

PROGRAMA COMPLETO da XVII Festa do Esquecemento.

Durante esta semana, a falta duns poucos días para que dea comezo a XVII edición da Festa do Esquecemento, aínda é moito o traballo que fica por facer na campa instalada na alameda do Toural. Ningún detalle se lles pode escapar para as que, durante tres días, serán as vivendas de castrexos e romanos á beira do río Lethes.

Ningún detalle se lles pode escapar para as que, durante tres días, serán as vivendas de castrexos e romanos.

Así mesmo, operarios do Concello tamén están levando a cabo diversas actuacións ao longo desta semana, para adecuar o recinto do Toural á recreación histórica e aos distintos espectáculos programados de cara a que todo mundo poida gozar do evento sen incidentes.

Música e bailes completarán esta primeira xornada.

E é que este venres, a partires das 20:30 horas, abrirá xa o mercado tradicional nas rúas da vila. O inicio da festa continuará co prendido do lume sagrado no na Praza Carlos Casares ás 00 horas. Iso tralo primeiro desfile da fin de semana, no que as tropas de castrexos e romanos percorrerán as rúas e prazas do centro até se xuntar na Praza Carlos Casares, presididos pola Banda de Gaitas do Cocnello de Xinzo. Música e bailes completarán esta primeira xornada que continuará o sábado con actuacións e animacións en diversos currunchos da vila, cada media hora.

Velaquí podedes consultar o programa completo desta XVII Festa do Esquecemento.

ESQUECEMENTO 2017-venresEsquecemento sábadoESQUECEMENTO 2017-domingo