Xinzo está presente na feira de Xantar

Visita institucional ao stand de Xinzo
Xinzo está presente na feira de Xantar

Entroido-Esquecemento-Patacas e artesanía

Esta mañá abriu as súas portas a feira Gastronómica e Turismo XANTAR na súa 23 edición en Expourense.

xantar2
Baltar e diputadas provinciais visitando o stand co tnte. alcalde Amador Díaz

O concello de Xinzo está presente na mesma cun stand de grandes dimensións na que expón os potenciais turísticos do concello como O Entroido e O Esquecemento, así como os produtos de artesanía ademais do produto principal da economía da comarca, a pataca. Pataca en diferentes presentacións, entre ela uns cucuruchos con puré de pataca con virutas de pataca frita, que foi un dos atractivos dos que veñen a feira a degustar os produtos diferentes que presentan, concellos e empresas.